Máis de doucentos afectados polas accións preferentes de Caixanova e Caixa Galicia tentaron tomar este serán a sede central de Novagalicia Banco (NGB) en Vigo. Impediullo un importante dispositivo policial da Unidade de Intervención Policial. A prensa galega trata mal a NGB? O problema non é exclusivo nin de Galicia nin de NGB. Segundo ADICAE, até oito entidades (Banco de Sabadell, BBVA, CAM, Catalunya Caixa, La Caixa, Nova Caixa Galicia, Banco Santander e Banca Cívica) teñen "atrapados" 30.000 millóns de aforros dos españois. As caixas galegas foron nacionalizadas tras case quebrar tras apostar polo 'boom do ladrillo'. Os directivos que tomaron as decisións de investir na burbulla inmobiliara marcharon tras cobrar millonarias indemnizacións. Esta mesma semana NGB anunciou novos despedimentos, que probablemente chegarán en forma de ERE forzoso.
Unha fileira de 'antidisturbios' protexeu ao banco durante varios intres de tensión, pero sen que houbese maiores incidentes. Un helicóptero controlaba aos cidadáns, que cortaron o tráfico no centro da capital olívica.
Consumidores de Vigo, Mos, Gondomar, Nigrán, Moaña e Cangas berraron "chourizos", "ladróns" ou "cacos" acompañados de instrumentos. Esta é a segunda mobilización convocada, tras outra protesta en xaneiro en Vigo e Cangas, onde ocuparon unha oficina de NGB.
Segundo a Asociación de Usuarios dá Banca (Adicae) Novagalicia Banco ten retidos os aforros dun uns 2.000 clientes. Adicae calcula que só non banco galego hai entre 70.000 e 100.000 a prexudicados, 575 da antiga Caixa Galicia e 503 de Caixanova. Esta asociación era quen convocaba a protesta de hoxe.
Nos próximos díashaberá asembleas informativas en Cangas e en Vigo. Na capital olívica será o día 13 as 19 horas no centro cívico do Casco Vello.
GC foi dos primeiros medios galegos que deu noticia deste 'curraliño'. Este martes GCinformou que oficinas de NGB culpaban á prensa de enganar aos cidadáns alarmándoos inecesariamente.
Sobre a presunta acusación de responsábeis de NGB de que a prensa alarma innecesariamente por intereses dos propios medios, cómpre ter en conta que a práctica totalidade de cabeceiras do país arrastra importantes débedas con esta entidade. Ademais, NGB é un dos principais anunciantes da industria da comunicación galega.
A policía impide que os cidadáns tomen a sede de Novagalicia Banco en Vigo Destacado
por Kaos. Galiza
Viernes, 10 de Febrero de 2012 14:27
Compartir redes sociales
Os antidisturbios protexen a oficina central dun intento de toma por parte dos afectados polas accións preferentes. Dous mil galegos teñen os seus aforros retidos por este opaco produto. Vídeo no interior.
Video relacionado
Leído 1960 veces
Publicado en
Galiza
Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Microdonación de 2 euros | Donación de importe libre |
También te puedes suscribir y ayudar a que tengamos un presupuesto anual estable pinchando en:
| Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago) | |
| Suscripción 36 Euros |
Suscripción 50 Euros |
| Más información sobre la suscripción: Aquí |
