kaosenlared

Anuncio
sehansuscrito162  quedan838 Objetivo 1000 suscriptor@s! 
18 Abr 2012

O Movemento Galego ao Socialismo anuncia a convocatoria da súa I Asemblea Nacional para o vindeiro 12 de maio en Compostela

por Movemento Galego ao Socialismo
Miércoles, 18 de Abril de 2012 18:34
Baixo o lema "Fortalecer o soberanismo e a esquerda". // Manifestaron o seu optimismo polas mudanzas existentes na liña política do BNG, pola súa aposta renovada “polo soberanismo, a esquerda consecuente e pola recuperación da acción social”, como principais liñas de traballo.

O Movemento Galego ao Socialismo, organización que forma parte do BNG, celebrará o vindeiro 12 de maio, en Compostela, a súa I Asemblea Nacional. A convocatoria coincide cun momento de importante reforzamento organizativo e territorial do MGS e nela preténdese analizar a actual conxuntura política, caracterizada pola crise capitalista e polas agresións aos nosos sinais de identidade como nación, alén de definir as prioridades políticas e organizativas. Así se anunciou esta mañá na rolda de prensa na que se presentou, ademais, o manifesto “Fortalecer o soberanismo e a esquerda”, que será ademais o lema da cita asemblearia.

Os representantes do MGS, Rafa Vilar, Breixo Lousada, Nacho Carballal, Laura Arjonilla e Soedade Fernández, denunciaron os ataques que están a sufrir a clase traballadora galega e o conxunto das clases populares ás súas condicións de vida. Unha situación que, afirmaron, hai que reverter e para o que apostaron por reforzar a participación no sindicalismo nacionalista e de clase e, en todo tipo de movementos sociais, desde o feminismo combativo, até o activismo lingüístico, pasando pola defensa do territorio ou a loita cultural, entre outras.

No plano político, manifestaron o seu optimismo polas mudanzas existentes na liña política do BNG, pola súa aposta renovada “polo soberanismo, a esquerda consecuente e pola recuperación da acción social”, como principais liñas de traballo.

En referencia á situación xerada tras da celebración da XIII Asemblea Nacional, lamentaron a “ceremonia de confusión” pola operación de abandonos e desprestixio, “perfectamente instigada e planificada”, que, consideraron “pretende precisamente o rebaixamento ou a eliminación definitiva dese tipo de actuacións na sociedade e a anulación do BNG”.

Lembraron que o MGS naceu, precisamente, nun contexto no que moita militancia do BNG “detectábamos que a excesiva priorización do campo institucional non estab exenta de renuncias e concesións que provocaron un choque con parte importante do tecido e da base social máis conscientes” e valoraron a necesidade de acelerar a consolidación da actual liña política “desde a lealdade ao BNG e defendéndoo como a mellor ferramenta para conseguirmos a soberanía nacional e a xustiza social”.

Os representantes do MGS fixeron ademais un chamado explícito a “militantes do BNG, a nacionalistas e independentistas que non fan parte da fronte, a compañeiras e compañeiros que participan no sindicalismo nacionalista, no movemento estudantil e xuvenil e a activistas sociais, que coinciden con estes criterios, a que participen con nós nesta asemblea e que dean forza a esta aposta política: fortalecer o soberanismo e a esquerda”.

Ultima modificacion el Miércoles, 18 de Abril de 2012 21:07


Si quieres contribuir a que Kaos en la Red pueda seguir publicando artículos como este, puedes hacer tu donación en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Microdonación de 2 euros
Donación de importe libre

También te puedes suscribir y ayudar a que tengamos un presupuesto anual estable pinchando en:
Paypal (seguro y permite diferentes formas de pago)
Suscripción 36 Euros
Suscripción 50 Euros
Más información sobre la suscripción: Aquí


blog comments powered by Disqus
Logueate en la parte de arriba o registrate para comentar.
Anuncio
Anuncio