A problemática da droga e da delincuencia sempre foi unha preocupación do Goberno Galego, e supoño que de tódolos gobernos democráticos coñecidos. A frase do comezo ven a ilustrar a situación que xa se está a vivir na Coruña e tamén en Pontevedra.
Os realoxos de persoas de etnia xitana están a provocar unha morea de protestas e comentarios de tódos os estilos, que poderían atribuirse ao medo por que no noso propio edificio vivan delicuentes, traficantes de drogas, ou calqueira "cometedor" de delitos.
Sen embargo, se analizamos os comentarios e opinións que circulan nalgúns recunchos da rede, e mesmo na rúa; hai cousas que non quedan claras. Unha cousa si: ninguén quere ter un delicuente no piso do seguinte andar.
Máis a cor da pel non debe ser un impedimento para acceder a unha vivenda. Se as persoas que optan a pisos de protección oficial do Concello de A Coruña e Pontevedra, ou da Xunta de Galicia, cumpren coa totalidade dos requisitos non hai moito que engadir (salvando as distancias da comisión de delitos, claro).
A etnia xitana estase a asociar ó delito, cando os paios, o resto de nós, tampouco somos trigo limpo. O afastate, ou o ti es malo por ser como eres, e eu non ten moitas denominacións, e unha delas é sinxela e clara: RACISMO.
A Constitución Española establece que todos os españois somos iguais en dereitos, deberes e oportunidades, e os realoxos deben cumprir a legalidade. O que non pode ser é que nun barrio non se podan aloxar porque a cidadanía cre que o 100% das persoas realoxables son delicuentes.
Un dato máis, que manexan a Xunta e o Secretariado Xitano, tan só o 30% dos 10.000 xitanos que viven en Galicia, vive nunha chabola. Iso significa que o 70% restante desfruta dun piso ou dunha casa, e pagan, limpan e conviven cos demais.
Isto ñe unha criminalización, como considerar un vasco unha persoa propensa á violencia, ou un catalán unha persoa egoísta. Os tópicos non teñen cabida na sociedade actual, e xa non terían que estar presentes dende hai moito tempo.
Non hai peros, ninguén pode ser considerado un criminal pola súa étnia, nen se lle pode negar unha vivenda ou un traballo pola súa cor.
Hai que buscar solucións baseadas na forza das verbas, e nunca coa protesta e a presión que buscan amedrentar a unha sociedade desenvolvida. Se non loitamos contra os tópicos e contra a exclusión social, atoparémonos na Idade Media, cos seu sistema estamental por moitos anos.