Compostela ás 12am concentración diante da sede da SGAE na compostelana rúa de Salvadas.
Vigo as 19:00 diante do Museo Marco na rua Principe.
Estas protestas celebraráse días antes do xuízo que enfrontará á liberdade de expresión contra o poder da SGAE.
No verán de 2007, o Sindicato de Artes Gráficas, Comunicación e Espectáculos da Confederación Nacional do Traballo de Madrid difundiu un comunicado referente á demanda que a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) interpuxera contra a páxina web Alasbarricadas, por mor da publicación nun dos seus foros dun contido satírico cara á SGAE, polo que máis tarde serían condenados a pagar unha importante suma de cartos.
O sindicato quería mostrar deste xeito a súa solidariedade cara a Alasbarricadas.org e o seu rexeitamento á pretensión que ten a SGAE de acalar calquera voz crítica. A principios deste ano, descubrimos con asombro que ese breve comunicado de solidariedade levara á organización dirixida por Teddy Bautista a demandar agora a CNT por "intromisión ilexítima" na súa "honra". Pídennos 9.000 euros e unha rectificación pública.
Tenta vencernos nos despachos unha entidade cuxa "honra" é máis que discutible, non por que o diga CNT, senón porque así o demostra a súa actividade. Unha actividade policial, mais ben un monopolio, para impedir que a xente comparta sen ánimo de lucro os bens culturais. Unha actividade prexudicial cara á maioría dos seus asociados, cuxos "dereitos de autor" xestionan de maneira sospeitosa, segundo denuncias internas. E unha actividade capitalista polo que a SGAE estende o seu imperio económico grazas a un máis que lucrativo concepto de "propiedade intelectual" que sofren desde festivais solidarios a radios libres, pasando por asociacións de discapacitados.
Aínda así, sen ningún rubor se autodenominan "defensores da cultura". Se o fosen, darianse conta de que agrediron á Confederación Nacional do Traballo, unha organización que nos seus 98 anos de historia fundou miles de ateneos libertarios, escolas racionalistas, bibliotecas populares e xornais de forma desinteresada, co único fin de aumentar o nivel cultural, material e revolucionario do pobo. Que defensa da cultura vainos a ensinar a SGAE?
Tras tentar sen éxito solucionar o conflito de forma amigable, ao que se negaron os capitostes da SGAE, CNT fixo o que o seu espírito lle mandaba: comezar unha campaña de acción directa e denuncia social para defenderse da agresión desta entidade. Desde ese momento, produciuse unha onda de accións variadas en decenas de localidades do Estado: Madrid, Santa Cruz de Tenerife, Sevilla, Segovia, Málaga, Zaragoza, Zamora, León, Manresa, Santander, Palma de Mallorca, Toledo, Compostela e moitas máis. Na campaña acompañounos moita xente, e até un centenar de socios da SGAE protestaron polo proceso xudicial aberto e pola falta de democracia interna nunha entidade dominada pola súa cúpula directiva.
A pesar de todo, a SGAE preferiu seguir ensuciando a súa imaxe pública antes que rectificar. Todo por un orgullo mal entendido e un puñado de euros que para eles é esmola pero para nós é importante pois o noso diñeiro provén exclusivamente da autogestión. Denunciar a unha organización de traballadores e traballadoras federados/as para defender os seus dereitos, para cambiar as cousas a mellor. Pretenden reprimirnos así para minguar a nosa capacidade de loita, para facernos dano. Por todo iso a protesta é necesaria.
Isto non debe ser entendido como un ataque só á CNT, senón contra toda a poboación. Éste tipo de denuncias contribúen a minguar dereitos como a liberdade de expresión e fortalece a tese do pensamento único e dominante. Quen discrepe será denunciado e xulgado. Aféctanos a todos/as. Por iso, participar nesta manifestación é a mellor forma de tentar paralo.
O xuízo realizarase o día 18 de novembro. Cremos importante que a SGAE chegue aos xulgados coa nosa protesta resoando nos seus oídos. Porque CNT loita na rúa.
Convocamos a todas as persoas que rexeiten o funcionamento antisocial da SGAE e defendan a liberdade de expresión a que acudan á concentración que celebraremos diante da sede da SGAE en Compostela (rua Salvadas) o vindeiro 15 de novembro ás 12 do mediodía.
POLA CULTURA LIBRE E A LIBERDADE DE EXPRESIÓN!
SGAE NON, GRAZAS
TOD@S Á RÚA CONTRA A SGAE!
