Buscar  

A súa “Fiesta Nacional” conmemora un xenocidio

O “Día de la Hispanidad”, usado para proclamar a nosa españolidade e a disposición do seu exército e defendela, conmemora o aniversario do comezo dun xenocidio.
Isca! | www.iscagz.org | 13-10-2008 | 127 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/sua-fiesta-nacional-conmemora-xenocidio

Como resposta ás celebracións oficiais do “Día de la Hispanidad”, inzadas de exibicións de militarismo e españolidade, a nosa organización editou un cartaz que colou en varias comarcas do país co lema: A súa “Fiesta Nacional” conmemora un xenocidio. 12 de outubro, nada que celebrar

O 12 de outubro de 1492 supuxo o comezo de mais de 500 anos de masacre sistemáica da poboación americana e espolio dos seus recursos, espolio que ainda continúa da man de empresas (moitas delas españolas) que explotan os recursos naturais deses países e da permanente ameaza ou agresión directa do imperialismo.

O “Día de la Hispanidad”, aniversario do comezo da longa escravitude de todo un continente que agora comeza a espertar, é unha data de festa e orgullo para o Estado no que nos obrigan a viver, mais tamén unha data contra a que se rebela a mocidade máis consciente e combativa.

http://www.iscagz.org/a-sua-fiesta-nacional-conmemora-un-xenocidio/
 
Más información:

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Más información en Kaos en la Red
Antifascismo Estado Español Solidaridad
Col·lectiu Kaos en la Red. C/ Sant Crispí, 182 (08222). Terrassa (Barcelona)