- Podrás comentar noticias y ver tus comentarios.
- Podrás subir tus noticias en kaosenlared y consultarlas.
- Podrás personalizar la página principal a tu gusto.
- Podrás ver y modificar tu perfil.
- Podrás tener tu propio blog.
Buscar  
Son uns máis ca outros, ou como os pesqueiros escravizan a algúns traballadores
Non saíu ningures. Ou parecía non importar, ou a súa vida valía menos ca dos secuestrados.
Rubén Pérez Sueiras | Para Kaos en la Red | 24-11-2009 a las 15:27 | 384 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/son-uns-mais-ca-outros-ou-como-os-pesqueiros-escravizan-alguns-traball

Non saíu ningures. Ou parecía non importar, ou a súa vida valía menos ca dos secuestrados. Falo do Alakrana, o barco secuestrado durante 47 días no océano índico por unha banda de ¿piratas? somalíes, e que finalmente foi liberado ao pagar ao redor de 2,3 millóns de euros, unha minúcia, si.

Pero a base desta entrada é o valor que dan os medios de comunicación convencionais á vida dalgúns seres humanos, un valor que tende a cero, pola contra dos mariñeiros galegos e vascos, cun valor tendente ao infinito. Situación inxusta e ata xenofóbica.

A organización "Herederos de la Mar" denuncia que un traballador de Costa de Marfíl cobra pouco máis de 120€ ao mes por desempeñar a súa labor nun barco español, e seguramente cunha bandeira de conveniencia. Unha realidade triste e que tería que obter algún titular nun mass-media, pero como non é importante, só é un "morto de fame", pois non o imos sacar...

Esta é a realidade de moitisimos seres humanos que traballan no mar en barcos e naves con tripulación española, e en moitas ocasións, de armador español. Fai pouco, nunha canle de televisión estatal, saía a dura vida dos mariñeiros españois nos océanos do mundo, e o patrón da embarcación, dicía sen pudor que o seu cociñeiro, un rapaz de orixe africana cobraba 400 euros. Si, 400 parece ata un soldo importante para algúns países africanos; pero o soldo dos 400€ dividíase nos 3 meses que saía ao mar o barco. É dicir, unha mostra máis da que denuncia "Herederos de la Mar", e unha situación cotiá.

Non se poden permitir vexacións económicas coma as expostas hoxe; se realmente queremos esquilmar os caladoiros de países subdesenvolvidos ou envoltos nun desgoberno case permanente como o caso de Somalia, o de menos non pode ser explotar a esas persoas que se procuran a subsistencia. Persoas de Filipinas, Malasia, Cabo Verde, Costa de Marfíl, Togo, rexións pouco favorecidas pola globalización e cun pobo que tradicionalmente saiu ao mar.

http://botica.blogaliza.org/2009/11/24/son-uns-mais-ca-outros-ou-como-os-pesqueiros-escravizan-a-alguns-traballadores/
 
Más información:

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Más información en Kaos en la Red
Antiglobalización Análisis de la Comunicación Galiza
Col·lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallès Occidental (Països Catalans)