PRIMEIRAS XORNADAS \"IMAXES DA MEMORIA\". CANGAS 2008
Trátase dunha programación que se desenvolverá no Auditorio Municipal desta vila canguesa e no que hai que engadir unha homenaxe-cea, probabelmente o dia 3 de maio, a veteranos/as e veciños/as vivos da península do Morrazo que loitaron polas liberdades na última etapa do franquismo sofrindo represión e persecución por iso.
Pódese ver o programa máis embaixo.
Deses e outros actos informaremos ou completaremos información máis adiante.
CADA DOMINGO, DESDE O PRÓXIMO DIA 13, E SEMPRE ÁS 8 DA TARDE TERÁ LUGAR UNHA PROXECCIÓN E UNHA APRESENTACIÓN A CARGO DOS/AS REALIZADORES/AS, ACTORES OU PARTICIPANTES NO FILME OU DOCUMENTAL.
TODOS OS ACTOS QUE SE ANUNCIAN NESTA PROGRAMACIÓN TERÁN LUGAR NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS DO MORRAZO.
Colectivo pola Memoria Republicana do Morrazo/Cangas pola Memoria Común
Sociedade Galega pola República
Concelleria de Cultura do Concello de Cangas
..............................
PROGRAMA:
--DOMINGO 13 DE ABRIL ás 20 hs:
PROXECCIÓN DO FILME: "SANTA LIBERDADE" DE MARGARITA LEDO.
de Margarita Ledo Andión
--DOMINGO 20 DE ABRIL ás 20 hs:
PROXECCIÓN DOS DOCUMENTAIS:
"MANOLO BARROS, UN REBELDE DE ACEIRO"
de Cuchi Carreira e Gonzalo Amoedo
e "CÓLERA"
de Manuel Forcadela e Maria Xosé Queizán
--DOMINGO 27 DE ABRIL ás 20 hs:
PROXECCIÓN DO FILME: "LISTE, PRONUNCIADO LISTER".
de Margarita Ledo Andión
--DOMINGO 4 DE MAIO ás 20 hs:
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: "EXILIOS".
de Xan Leira
Lugar onde se celebrarán estes actos: Auditorio Municipal de Cangas de Morrazo