- Podrás comentar noticias y ver tus comentarios.
- Podrás subir tus noticias en kaosenlared y consultarlas.
- Podrás personalizar la página principal a tu gusto.
- Podrás ver y modificar tu perfil.
- Podrás tener tu propio blog.
Buscar  
Os libertarios co pobo Hondureño
Hoxe mércores ás 20:30 na praza da Peregrina de Pontevedra a Coordinadora contra a Guerra convoca unha concentración de repulsa contra o golpe militar en Honduras.
CNT Galiza | 1-7-2009 a las 17:34 | 333 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/os-libertarios-co-pobo-hondureno
Abaixo o Golpe! Reforzar a Mobilización Popular!

Os libertarios, xunto a todos os revolucionarios consecuentes, posicionámonos de xeito inequívoco de lado das forzas que se opoñen ao Golpe. Non podemos permitir que o gorilismo levante cabeza en ningún país da nosa rexión, que xa sufriu bastantes ditaduras como para cruzarse de brazos e declararnos “neutrais” sequera ante o espectro dunha nova. Pero non por isto deixamos de prantexar a nosa posición de modo claro e categórico.

O gorilismo debe ser extirpado de raíz e cremos que iso non pode producirse desde arriba, desde as alturas burocráticas da “comunidade internacional”, como pretenden sectores da burguesía e do reformismo. O único que pode extirpar de raíz o gorilismo golpista é o pobo mobilizado nas rúas, nos campos, nos centros de traballo, nas escolas e universidades para parar esta aventura militar. Dentro do complexo escenario post-Golpe é este pobo, que pode converterse nun actor que altere definitivamente o equilibrio de forzas na sociedade hondureña para alcanzar cambios de fondo. Este pobo que, vencendo o medo, comezou a mobilizarse, pasando dun centenar de manifestantes fóra do palacio de goberno pola mañá a varios miles nestes momentos, e que comeza a mobilizarse masivamente en toda a capital Tegucigalpa así como noutros puntos do país.

Aínda cando o que convoque aos manifestantes sexa pouco máis que a defensa de Zelaya, e con el, a defensa dun proxecto de reformas bastante tibio, é na mobilización onde o pobo aprende a loitar e a construír o seu proxecto. Toda mobilización conleva a posibilidade de radicalización das masas, sobretodo se consideramos que esta protesta espontánea é un acto de desafío a unha oligarquía tan testaruda e retrógrada como criminal. Disto depende que a oligarquía vexa frustrado o seu plan disuasivo para “abrandar” o proxecto político de Zelaya: de se as masas se radicalizan e así impulsan o proceso definitivamente hacia a esquerda. Este é o factor co que a oligarquía non conta (nin o reformismo tampouco). E este é o factor que máis pesa a fin de contas.

De como se solucione este conflicto, dependerá o futuro do cambio social en Honduras: se a crise se soluciona por arriba, primordialmente polas canles institucionais, o resultado será, sen lugar a dúbidas, o compromiso e a colaboración das partes, co consecuente retorno ao  status quo; se a crise, en cambio, se soluciona por abaixo, e o golpe é frenado primordialmente polo pobo mobilizado nas rúas está a posibilidade de que o pobo avance hacia un proxecto máis radical e que logre aplastar a resistencia da oligarquía ao cambio. Aínda cando o resultado estará lonxe de ser a revolución social, deixará sentadas as bases para que o pobo emprenda ese camiño de longo alento e deixará un pobo que gane en experiencia e en confianza nas súas propias capacidades. E esa posibilidade si que fai tremear a oligarquía.

http://www.cntgaliza.org
 
Más información:

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Más información en Kaos en la Red
Galiza Solidaridad
Col·lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallès Occidental (Països Catalans)