Buscar  

A organización xuvenil galega Isca! estrea páxina web

Isca!, organización xuvenil da esquerda anticapitalista e independentista galega, estrea nova páxina web en www.iscagz.org         
Isca! | www.iscagz.org | 18-5-2008 | 331 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/organizacion-xuvenil-galega-isca-estrea-paxina-web
Mural de Isca!

Isca: 1. Calquera materia vexetal que, por estar moi enxoita, arde con gran facilidade. Está seco coma a isca. SIN. esca. 2. Folla seca do piñeiro. Apañou unha pouca isca para facer lume. SIN. arume, faísca, lesta, rama. 3. Utilízase para axotar animais ou para indicar ás persoas que se vaian. Isca de aí

Isca! é unha organización da mocidade galega que ante a situación política actual no País ollamos necesario autoorganizarnos como colectivo no seo do nacionalismo para artellar un espazo de esquerda autodeterminista que poida achegar novas visións ao discurso “oficialista” do Bloque Nacionalista Galego. Visións abertas ao traballo cultural e social, político por tanto, de base, participando dos diversos movementos sociais do País. Recoñecemos a fronte nacionalista como referente político e participamos de maneira crítica nas súas estruturas.

Extracto dos nosos Estatutos: 

Art.1. ISCA é unha organización xuvenil asemblear e democrática que luita pola liberación nacional de Galiza de acordo cos seguintes principios:

NACIONALISMO: Galiza é unha nación colonizada, e por tanto ten direito á súa autodeterminación. Entendemos esta como un proceso que conduza á independencia nacional, entendida como o exercicio da soberanía plena, tanto no institucional como no económico.

ANTICAPITALISMO: Consideramos o capitalismo un sistema inxusto por definición, e só desde a súa superación poderemos construir alternativas viábeis para o noso povo. Traballaremos pola construción de modos de vida alternativos á lóxica do capital.

MARXISMO: Cremos que só cun sistema socialista poderemos ser realmente soberanos. Recollemos as ideas de Marx, Engels e Lénine a a partir das cuais se funda unha teoría política que interpreta a realidade concreta de cara á súa transformación revolucionaria. Entendemos o socialismo como a conxuncion dunha teoría (materialismo histórico) e dunha praxe revolucionarias en construción. Pretendemos a transformación profunda e radical da sociedade galega mediante un proceso de revolución democrática, baseado na participación directa de todos os galegos na tomada de decisions políticas e económicas.

ANTIIMPERIALISMO: A loita pola liberación nacional de Galiza incrébese dentro da loita internacional dos povos contra o imperialismo.

  Art.2. ISCA asume o programa e os principios ideolóxicos da Frente Patriótica.

Na súa II Asemblea (2008), Isca aprobou definitivamente o seu modelo de ligazón co Movemento pola Base, baseado na autonomía e no recoñecemento mutuo: “ISCA! e o Movemento pola Base deben recoñecerse de xeito recíproco como referentes políticos nos distintos rangos de idade en que se organiza e traballa cada organización, coa liberdade que este recoñecimento dá para mostrar as discrepancias que podan derivar da análise política de cada situación. ISCA! mantén a súa independencia e capacidade de facer política alén da mocidade do mesmo xeito que o Movemento pola Base ten plena autonomía para implementar políticas de mocidade.Esta autonomía implica a nível individual a non obrigatoriedade da dupla militancia en ISCA! e no Movemento pola Base das mozas e dos mozos de ISCA!, o que, no entanto, tratarase de facilitar."

Contacta con nós no correo iscagz@gmail.com

http://www.iscagz.org
 
Más información:

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Más información en Kaos en la Red
Estado Español Izquierda a debate
Col·lectiu Kaos en la Red. C/ Sant Crispí, 182 (08222). Terrassa (Barcelona)