Buscar  

A nova inquisición: O PP compostelán quere censurar o concerto de Fermín Muguruza

O MpDC solidarízase co cantante e cos organizadores e asistirá á actuación
mpdc | Kaos. STOP Criminalización | 13-7-2007 | 702 lecturas | 1 comentario
www.kaosenlared.net/noticia/nova-inquisicion-pp-compostelan-quere-censurar-concerto-fermin-muguruz

O MpDC manifesta a súa solidariedade co músico Fermín Muguruza ante as ameazas de suspensión do concerto que ten programado para o próximo día 20en Compostela. Cunhas acusacións sen base legal, completamente tendenciosas e sen contraste ningún, e axitando sen achegar ningún tipo de proba a excusa da “apoloxía do terrorismo”, o PP compostelán vén de exixir que se censure o concerto do artista basco, arremetendo contra unha liberdade fundamental.

Trátase dunha nova barbaridade que pretende limitar a liberdade de expresión; hai que recordar que se trata dun artista con ducias de discos editados, que se poden mercar en calquera tenda, que leva máis de vinte anos a expresarse musicalmente en distintas partes do mundo, ou en colaboración con artistas tan coñecidos como Manu Chao, e que nunca foi condenado por un suposto ilícito, nen sequera a través dun delito tan cuestionábel –pola indefinición xurídica e a arbitrariedade con que pode aplicarse- como o de apoloxía do terrorismo. Pola contra, é coñecido o seu compromiso co proceso de paz, manifestado en reiteradas ocasións.

O PP cre que abonda con que eles non gosten das letras ou do compromiso político dun artista para decidir que actos culturais poden ser legais e cais non, para actuar como unha nova inquisición en Galiza; tan só que o PP se permita formular estas declaracións serven como inmellorábel exemplo paradigmático do retroceso de dereitos e liberdades nos que vivemos, xa que hai unha década serían impensábeis. Sen embargo, cos mesmos argumentos, no pasado foron censurados concertos doutros grupos en Compostela, como Soziedad Alkohólika, que sofreu unha longa campaña de persecución e acoso da extrema dereita, social e política.

Agardamos que o Concello de Compostela se comporte con corrección nesta ocasión, respeitando as máis elementares liberdades democráticas, e non ceda a estas presións. No entando, desexamos aos organizadores o maior éxito non porque gostemos máis ou menos da música deste artista, senón porque representará unha victoria da liberdade de expresión. O MpDC suspenderá un acto que tiña programado na mesma noite para que os seus membros asistan ao concerto en solidariedade.
http://mpdc.blogspot.com/2007_07_01_archive.html#2450776459561411954
 
Más información:

Noticias relacionadas

La AVT pide al alcalde de Santiago que impida el concierto de Fermín Muguruza, al que considera "proetarra"

Kaos. STOP Criminalización | AgenciasLa asociación cree que 'la derrota de ETA no sólo ha de basarse en la acción de los Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado, sino en la derrota social de quienes apoyan, sostienen y alientan la acción criminal de los terroristas y sus cómplices por cualquier medio'.
[13-7-2007] | 1802 lecturas | 11 comentarios

El PP pide que se suspenda el concierto de Fermín Muguruza en Santiago de Compostela por apología del terrorismo

Correo Gallego | Kaos. STOP CriminalizaciónEn este sentido, Espadas (PP) señaló que respeta su música, "pero no su defensa a ultranza de los intereses de la banda terrorista ETA".
[12-7-2007] | 1549 lecturas | 9 comentarios

Comentarios (1)

Han perdido el norte

Ed|14-07-2007 08:45

estos fachitas han perdido completamente el norte, le lamen el culo a la iglesia católica y los de eta son unos aprendices de terrorista comparados con la católica. Una secta dineraria, la católica, que ha matado a diestro y siniestro a todos los que no son de su cuerda y de las maneras mas viles posibles.... La verdad no entiendo. Debemos condenar todos los terrorismos.... todos!!!!
La católica se ha enriquecido con la sangre de sus víctimas... ya puede arrepentirse...pero no ha devuelto ni un céntimo....

Valoración: 0  

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Más información en Kaos en la Red
Cultura Euskal Herria STOP Criminalización Solidaridad
Col·lectiu Kaos en la Red. C/ Sant Crispí, 182 (08222). Terrassa (Barcelona)