Buscar  

Milleiros de traballadores do Metal marchan polas rúas de Vigo contra a represión e pola absolución dos 4 do naval

Máis de 7.000 traballadores do sector do Metal percorreron as rúas de Vigo para amosar a súa solidariedade cos catro traballadores do Naval, para os que a Fiscalía solicitaba 4 anos de cadea
Confederación Intersindical Galega - CIG | Avantar - www.galizacig.com | 7-11-2008 | 678 lecturas | 2 comentarios
www.kaosenlared.net/noticia/milleiros-traballadores-do-metal-marchan-polas-ruas-vigo-contra-repres

Desde as sete da mañá os traballadores do sector comezaron a encontrarse nas portas dos seus respectivos centros de traballo para iniciar esta xornada de solidariedade e organizar os grupos de piquetes. Asi, nos estaleiros de Barreras e Freire pasadas as oito da mañá comezaban a súa marcha, que percorreu Beiramar, subiu por Carral até a Porta do Sol, o­nde se encontraron cos seus compañeiros da zona do estaleiro de Vulcano, que tamén viñan en manifestación desde Teis.

Marcha desde a Praza do Concello

Ás nove e media da mañá estes distintos grupos de piquetes encontrábanse na Praza do Concello, o­nde tamén se xuntaron co piquete da zona da Avenida de Madrid, de Puxeiros e Mos. Desde aqui en manifestación partían pola Avenida das Camelias até a Praza de América, o­nde se encontraban co grupo de traballadores que viña subindo pola Avenida de Castrelos.

Asi este grupo de traballadores do Metal achegouse nunha grande marcha ás dez da mañá ás instalacións dos Xulgados para amosar a súa solidariedade, a poucos metros de o­nde estaba a comezar neses momentos o xuízo contra os catro traballadores do naval, aos que a Fiscalía solicitaba catro anos de cadea.

Un cordón policial tentaba frear que os folguistas puideran achegarse até as portas destes Xulgados, mais finalmente a multitude de traballadores que se agolpaba na esplanada destas instalacións superou este cordón, para amosar máis de perto a súa solidariedade. Berros como "non son delincuentes que son traballadores" ou "non son catro, que somos todos", escoitáronse mentres se agardaba á solución deste xuízo.

O xuízo tivo que ser suspendido por unha cuestión técnica, ao mudar de defensa un dos traballadores encausados e volverase celebrar o 5 de febreiro.

Suso Seixo, secretario confederal da CIG, presente nestas mobilizacións, subliñou que "aínda que pretendan con este tipo de accións xudiciais atemorizar aos traballadores, imos continuar mobilizándonos na defensa dos nosos dereitos".

Asemblea nas portas dos Xulgados

Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva, lembrou "que este xuízo pretendía ser un castigo ao todo o sector pola súa combatividade e loita" e anunciou a nova de que a Fiscalia está disposta a "renegociar as penas e por unha redución importante e sensíbel do que estaba a pedir até agora, co cal xa non habería ningunha posibilidade de ingreso en prisión".Alcántara subliñou que esta reconsideración da Fiscalía se debe "a esta nova demostración de forza e a tantos como somos tomando as rúas hoxe" e solicitou á Fiscalía que faga pública se esta reconsideración é definitiva e se xa non existe risco de que estes traballadores entren na cárcere "para tranquilidade de todos".

Para aproveitar esta convocatoria e para "facernos visíbeis pola cidade, para que nos vexan e para que saiban o que é o sector do Metal, o que somos como forza, como corpo, como clase traballadora", Alcántara animou aos traballadores a continuar coas marchas pola cidade e rematar esta xornada de mobilización na Praza do Concello.

Paro xeralizado e avaliación positiva

Miguel Malvido, secretario nacional da CIG Metal, interveu no acto final e avaliou moi positivamente esta mobilización, Asi falou dun "paro xeralizado, chegando a un 70% en todo sector, e sendo do 100% no naval".Malvido subliñou que "por parte da CIG só agardamos que haxa unha libre absolución destes catro compañeiros".

Por último, deuse lectura a un manifesto que reproducimos a continuación

Podedes atopar máis imaxes na Galería de imaxes da web

Manifesto final lido na mobilización do Metal contra a represión sindical

Hoxe atopámonos aqui para trasladar o noso apoio solidario a Daniel, Xosé, Emilio e Iván no proceso xudicial ao que se enfrontan. Dicirlle a aqueles que os van xulgar que están pedindo catro anos de cadea a quen saíu á rúa para protestar pola defensa dos seus dereitos e o cumprimento do Convenio.

Daqueles incidentes durante o conflito, todas as persoas que estamos aqui facémonos responsábeis. Esta expresión de dignidade solidaria manterase sempre para cubrir calquera repercusión que se poda derivar deste xuízo.

Confiamos en que esta mobilización do sector transmita a todos aqueles que emitirán sentenza, a necesaria reconsideración da súa petición inicial de penas, e todo isto remate como o que debería ser, tan só un mal soño.

Lembrar que foi Xustiza o que reclamabamos naqueles días, e os verdadeiros responsábeis aínda non acaban de entender que os Acordos están para ser cumpridos e para eles non parece existir nin lei, nin castigo e eles son os que permanecen impunes.

Agardamos o 5 de febreiro unha sentenza que faga xustiza, a nós, todos traballadores e traballadoras que algún día defenderon e defenderán os seus dereitos no traballo.

Daniel, Xosé, Emilio e Iván somos todos e todas

Reclamamos xustiza


Vídeo da mobilización

http://www.galizacig.com/avantar/novas/6-11-2008/milleiros-de-traballadores-do-metal-marchan-polas-ruas-de-vigo-contra-a-represion-e-
 
Más información:


Noticias relacionadas

Mais de 10.000 obreiros e obreiras do metal viguês colapsam o centro da cidade no 1º dia de greve

Kaos. Galiza | Importante resposta à convocatória sindical de greve hoje no sector do metal de Vigo e da província de Ponte Vedra. Colapso no centro, barricadas de lume e anúncio de "surpresas" para amanhá.
[6-5-2009] | 886 lecturas | 3 comentarios

Entrevista com Brais e Manuel, jovens trabalhadores do metal viguês

CIG Mocidade | CIG Mocidade publica no seu boletim Contracorrente umha entrevista com dous obreiros do metal viguês, que a seguir reproduzimos junto ao pdf da publicaçom indical.
[9-4-2009] | 433 lecturas

Folga en solidariedade cos 4 do Metal en Vigo

GzVideos | Desde primeira hora da mañá volvían os traballadores do Metal participar dunha nova xornada de folga en solidariedade cos catro traballadores que ían ser xulgados nesta data pola folga do 2007.
[5-2-2009] | 397 lecturas

CIG convoca greve no metal viguês hoje em solidariedade com quatro trabalhadores represaliados

Kaos. Galiza | A central sindical nacionalista e de classe, CIG, convoca umha greve no Metal de Vigo, o maior da Galiza, para apoiar quatro trabalhadores que vam ser julgados por "danos e desordens".
[5-2-2009] | 452 lecturas

A CIG-Mocidade de Vigo desprega faixas en solidariedade coa folga dos catro do Metal

CIG-Mocidade | AvantarA CIG-Mocidade de Vigo despregou na noite do 2 de febreiro doce faixas polas distintas zonas de centros de traballo do Metal da comarca para chamar á folga do 5 de febreiro
[3-2-2009] | 212 lecturas

Éxito da primeira xornada de folga da limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra

Confederación Intersindical Galiza - CIG | Avantar - www.galizacig.comSeguimento dun 75% e visualización do conflito
[7-11-2008] | 479 lecturas | 1 comentario

Comentarios (2)

#1.- O mesmo día, primeira xornada da folga da limpeza

07-11-2008 15:15

Ver máis en:

http://www.kaosenlared.net/noticia/exito-da-primeira-xornada-folga-da-limpeza-edificios-locais-da-provinc

Valoración: 5    |  Avisar provocación

#2.- En defensa de la gente trabajadora

Yo|07-11-2008 17:38

Ojalá que haya soluciones. Y dejen a la clase obrera vivir felizmente como se lo merecen, recortar money money en muchas cosas como el fútbol, campos de golf o incluso el arte del cine (que aunque haya arte, para mí es más importante la vida de una persona) etc. Más capital para la gente humilde y menos folklore, que a veces gastan dinero donde no tienen que gastárlo, NUESTRO dinero. Aquí ningun partido político ayuda a esta clase de gente currante, sea BNG sea PSOE sea PP sea la MIERDA, el poder se les sube a la cabeza pero a todo el puto mundo. Todos son iguales. No es normal que haya gente con antiguas pensiones y vivan en la miseria, no es justo que hayan personas que se quedan en paro, o que ganan mierda trabajando duro y manteniendo una familia mientras otras personas se benefician del poder y su economía. Bueno, veo lógico que si has currado y es tu dinero, haz lo que quieras con él, pero el problema es que esa gente rica empresarial concuerda y hace la pelota a la gente del poder, del sistema y así vamos... y así están, como los putos narcos. No me gusta politiquizar esta clase de actos, porque hay gente de todas las ideologías, trabajadores de variedad de pensamientos, y creo que todos/as necesitan la misma justicia como tales; pienso que esta lucha es de la gente trabajadora que tiene que mantener una familia o un alquiler, su propia vida. Y espero que sigan luchando, que cada vez están peor por culpa de la famosa crisis

Valoración: 2    |  Avisar provocación

La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Imágenes, audios y documentos
Col·lectiu Kaos en la Red. C/ Sant Crispí, 182 (08222). Terrassa (Barcelona)