Para as 8 da manhá está prevista a saída de 40 autocarros de Vigo a Ponte Vedra, de onde partirá a marcha a pé anunciada na semana passada como mais umha medida mobilizadora para reinvindicar a negociaçom de um novo convénio que recolha condiçons de trabalho dignas.
Calcula-se que sejam até 2.500 os obreiros e obreiras que adiram à iniciativa. Na primeira jornada, a coluna operária chegará a Padrom, onde passará a noite em pavilhons da zona, para já na terça-feira começar a segunda e última etapa, com o objectivo de chegar a Compostela polas 2 da tarde. 
Na capital galega haverá umha grande concentraçom diante das instalaçons da Administraçom autonómica, nos edifícios de Sam Caetano, onde contarám com a presença solidária de numerosas pessoas, entidades e organizaçons populares que apoiarám a luita estratégica que está a livrar o proletariado do sul da Galiza.
Estas duas novas jornadas de luita somam-se às 18 já contabilizadas, nas quais se tenhem vivido manifestaçons, assembleias, repressom policial, ferimentos, detençons e respostas obreiras à altura das agressons patronais e da polícia, que em todo o momento se mostrou como força auxiliar dos empresários metalúrgicos.
Depois de rejeitarem em assembleia umha proposta da Junta da Galiza para aprovar um acordo insuficiente, começa umha semana de mobilizaçons sobre as quais informaremos pontualmente.







#1
Um de Padrom|29-06-2009 02:00
Onde vam botar a noite?
Solidariedade com os companheiros do metal!
Avante coa luita!
Valoración: 0
| Avisar provocación
#2.- SOLIDARIEDADE ACTIVA COS TRABALLADORES DO METAL
A MOSCA ESQUERDOSA|29-06-2009 08:42
TRABALALDORES DE COMPOSTELA
TRABALLADORES DE PADRÓN (onde "en principio"  pasarán a noite)
TRABALLADORES DAS VILAS E CIDADES GALEGAS
SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES DO METAL!
(E TAMÉN, NESTA XORNADA DE TANTA IMPORTANCIA, COS DE CARAMELO, PASCUAL, DA "PEDRA" DE PORRIÑO...)
Pola formación dunha FRONTE UNITARIA DE TODA A ESQUERDA cunha consigna central:
APOIAR, AXUDAR, COMBATER COS TRABALLADORE EN LOITA.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
Valoración: 0
| Avisar provocación
#3.- marcha do metal
ulo|29-06-2009 19:24
Comunicado da Corrente Vermella
A exemplar loita do Metal da un paso máis coa Marcha a Compostela. Despois de resistir a criminalizacion desde os medios, acusandoos de todos os males, mentras a brutalidade policial era silenciada; despois de resistir a represion coa práctica ocupacion policial de Vigo; despois de recuperar a unidade sindical, rota por desconvocatorias da folga unilaterais, ... @s traballador@s do Metal exixen dos poderes publicos, da Xunta, un paso real e concreto na resolucion do conflicto.
O camiño da victoria esta dado: a patronal partiu da exixencia da conxelacion salarial, dos intentos de aumentar a precariedade, de querer a desaparicion das bolsas de traballo, e tudo foi rebatido pola exemplar loita protagonizada.
Agora é preciso rematar o traballo cun acordo que rompa as intencions dos gobernos, do Central e da Xunta, de descarregar a crise sobre ás costas da clase traballadora.
Ista conquista demostraría que coa loita firme e democrática, só confiando nas forzas da clase obreira é posible avanzar cara a solucion da crise a prol da poboacion traballadora.
Corrente Vermella chama a toda poboacion traballadora galega a dar o seu apoio ao Metal na súa Marcha a Compostela.
Viva a loita do Metal
Valoración: 0
| Avisar provocación