- Podrás comentar noticias y ver tus comentarios.
- Podrás subir tus noticias en kaosenlared y consultarlas.
- Podrás personalizar la página principal a tu gusto.
- Podrás ver y modificar tu perfil.
- Podrás tener tu propio blog.
Buscar  
Copenhague supón un paso atrás en relación a Kioto
Dificilmente tantos Xefes de Estado se volverán xuntar para acometer medidas específicas que contribúan a parar a autodestrución do noso Planeta.
CIG | 22-12-2009 a las 22:50 | 286 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/copenhague-supon-paso-atras-relacion-kioto

Han pasar, se non o provocamos desde abaixo, moitos anos para iso.

Acaba de se confirmar en Copenhague que o capitalismo é incapaz de resolver os problemas estructurais cando estes son globais. A globalización, tan enfatizada e mesmo cacarexada polos mais adeptos ao SISTEMA,  é precisamente a que impide que países que comparten modelo económico podan coincidir estratexicamente.

As conclusións e o documento final son desalentadores: Ningún compromiso, ningunha vinculación, ningunha evidencia de cambio. Todo frases ocas, terminoloxías politicamente correctas e aparentes compromisos, tan inconcretos, que non aportan nada.

Desde a CIG expresamos o noso mais profundo malestar por este fracaso colectivo e esiximos que non se pase páxina e se retomen os traballos do Cumio, asumindo así o seu fracaso e aceptando que o traballo está aínda por facer.

Ao mesmo tempo, queremos manifestar a nosa máis enérxica protesta polo tratamento recibido, por parte da policía de Dinamarca, co amparo e “comprensión” da “Comunidade Internacional”, de milleiros de persoas que representaban a organizacións sindicais, medio ambientais, grupos ecoloxistas, organizacións non gobernamentais, medios de comunicación etc.

http://www.galizacig.com/avantar/novas/22-12-2009/copenhague-supon-un-paso-atras-en-relacion-a-kioto
 
Más información:

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía
Col·lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallès Occidental (Països Catalans)