Buscar  

Contra os EREs e as 65 horas: Folga xeral

desde Corrente Vermella solidarizamonos cos traballadores do metal que van ser xulgados o 6 N, exiximos o sobreseimento imediato do proceso.
Corrente Vermella | Para Kaos en la Red | 2-11-2008 | 401 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/contra-os-eres-as-65-horas-folga-xeral

A crise comeza a tomar forma diante dos traballadores e as traballadoras cos recurtes nos cadros de persoal, baixo a forma do EREs. Só na Galiza presentaronse 300 no ultimo ano, sendo o máis recente o de Ferrallas Lois, e esta afectando especialmente o sector do automovil. No conxunto do estado son miles, con casos significativos como os de Nissan en Barcelona ou o­nO.

A nivel europeo os despedimentos son a norma, como en Italia o­nde o goberno Berlusconi pretende deixar na rúa a 100 mil mestres. Todos os gobernos movense coa mesma loxica: descargar a crise nas costas dos traballadores e as traballadoras, e subsidiar ás empresas e os bancos.

A crise economica é como unha casa o­nde estar a pechar habitacions ate que cheguen mellores tempos, e podan reabrirse. Mas, o dono da casa xa esta preparando as condiciones para que a reapetura non lle coste tanto; para elo, estan aprovando e negociando reformas lexislativas e propostas da patronal como son a diretiva da ampliacion da xornada a 65 horas, a da “vergoña”, ou a “vella” pretension do capital de abaratar máis os despedimentos.

Os EREs de hoxe abren as portas á aplicacion no futuro de piores condicios laborais das que temos na atualidade. Por iso, ha que rexeitalos.

E a Xunta ten nas súas máns facelo. Un ERE ten que contar coa aprobación da administración, e se ela quere, non ha ERE; por iso temos que exixir da Xunta que NON APROBE NENGUN ERE, polo reparto do traballo, POLAS 35 HORAS SEN DE REDUCCION DE SALARIO, baixo a ameaza da nacionalización da empresa baixo control dos traballadores e as súas organizacions.

Non pode ser que se resgaten bancos, se aproven subsidios aos empresarios para supostas contratacions, supostas innovacions tecnoloxicas, para o uso do idioma.... e aproben EREs que so destrúen postos de traballo. Se a Xunta aprobaos é tan responsble do desemprego como os patrons.

A CIG ven de convocar para o 3 de novembro unha manifestacion en Vigo contra desemprego, e o 6 a unha folga do metal contra a precariedade e contra a represion contra os traballadores detidos nas folgas do ano pasado.

É un paso adiante, mais a crise é internacional e española, os despedimentos son a norma en Europa e no conxunto do Estado, alguns EREs como o de o­nO non se resolven no marco galego ainda que afecten a traballadores e traballadoras galegas, ás 65 horas é un ataque continental; a unidade dos traballadores e as traballadoras por riba das fronteiras é a unica garantia dunha posible vitoria, pondo sobre a mesa unha resposta continental ás politicas da UE e os gobernos.

A tarefa que ha por diante é a de rachar co illamento que desde os sindicatos maioritarios se fai, e avanzar na unidade na loita dos afectados polos EREs, desde o automovil ate o telemarketing, ... cara á convocatoria dunha Folga Xeral que diga rotundamente

NON ÓS ERES, NON ÁS 65 HORAS, A CRISE QUE A PAGUE O CAPITAL

Neste cadro, desde Corrente Vermella solidarizamonos cos traballadores do metal que van ser xulgados o 6 N, exiximos o sobreseimento imediato do proceso, e chamamos a participar na manifestacion do 3 N de Vigo e na folga en solidariedade cos traballadores.

www.corrienteroja.net; correntevermella@corrienteroja.net

 
Más información:

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Col·lectiu Kaos en la Red. C/ Sant Crispí, 182 (08222). Terrassa (Barcelona)