- Podrás comentar noticias y ver tus comentarios.
- Podrás subir tus noticias en kaosenlared y consultarlas.
- Podrás personalizar la página principal a tu gusto.
- Podrás ver y modificar tu perfil.
- Podrás tener tu propio blog.
Buscar  
25 de novembro: O acoso sexual tamén é violencia
Achegándonos un ano máis ao 25 de novembro e con el ós actos de protesta e recordo ás vítimas máis visíbeis da violencia de xénero, as asasinadas nos últimos meses.
CUT | 24-11-2009 a las 12:57 | 244 lecturas
www.kaosenlared.net/noticia/25-novembro-acoso-sexual-tamen-violencia
Parece que a sociedade se volve máis sensíbel cando chegan as “onomásticas” e que con acordarnos uns cantos días ao ano xa temos a conciencia tranquila ata a seguinte data.

A violencia de xénero inclúe calquera tipo de ataque que se exerza contra unha muller, xa sexa físico ou psíquico e non entende de idades, razas ou clase social. Si é certo que as mulleres da clase traballadora podemos sufrir unha violencia específica, aquela que se da no centro de traballo: O acoso sexual no traballo.

A concienciación de que a mal chamada “violencia no fogar” non é só un problema doméstico senón que o é de toda a sociedade  cada día está máis presente en todas as campañas de sensibilización, pero segundo se pode ver nos datos o acoso sexual no traballo segue a verse como un asunto persoal e non como un problema que ten que ver cas relacións laborais, polo que se segue a esconderse e a manter en silencio.

Cando falamos de acoso sexual podemos distinguir entre 2 tipos:

Chantaxe sexual: cando a vítima se nega ou se somete a esa conduta e iso empregase como á hora da toma de decisións que afectan ao acceso ao emprego, formación, continuidade no posto de traballo, promoción, salario…

Acoso ambiental: dita conduta crea un clima laboral intimidatorio, hostil e humillante para a vítima. Non existe unha conexión directa entre o requirimento sexual e a condición do emprego. Os acosadores tamén poden ser compañeiros de traballo ou terceiros relacionados dalgún xeito ca empresa.

A Central Unitaria de Traballadores/as aposta por combater dun xeito decidido calquera tipo de acoso sexual visualizalo e apoiar as mulleres que o sofren para o que se pon a disposición das traballadoras para axudalas nunha loita que nos corresponde a todas e a todos.

O machismo non pasará!!

Terminaremos co terrorismo machista!!

http://www.cutgalicia.org/index.php?option=com_content&task=view&id=392&itemid=1
 
Más información:

Comentarios (0)
La inserción de comentarios en esta noticia está desactivada
Más información en Kaos en la Red
Galiza Laboral / Economía
Col·lectiu Kaos en la Red - Carrer Ramón Llull 132 Terrassa, el Vallès Occidental (Països Catalans)